lunes, 7 de abril de 2008

Innovación: variables clave e rutas.

Observador grupo A (Pablo Sánchez Ferro)

A innovación é un proceso de cambio que espera introducir algún tipo de mellora na produción e no funcionamento dunha organización. A innovación parte da base dunha inquietude por mellorar as cousas. Ten que xurdir dunha cultura organizativa aberta a construir unha oportunidade de optimización dos procesos produtivos para a satisfacción do usuario ou cliente.

A innovación implica a existencia dun liderado, xa sexa unipersoal ou pluripersoal, que xere entusiasmo e compromiso na organización. Ese liderado concrétase nun grupo de traballo que procura, coa concurrencia do resto da organización, detectar as necesidades do cliente e darlles resposta mediante un procedemento de traballo fundado sobre a base de obxectivos.
As variables esenciais que determinan a innovación son: as necesidades, os recursos e a planificación. O proceso de implantación do funcionamento organizativo proactivo cara á innovación segue unha ruta composta polos seguintes pasos:
1) inquietude do grupo de traballo;
2) transmisión da inquietude e vencemento das resistencias no conxunto da organización;
3) detección de necesidades;
4) definición de liñas de mellora;
5) estudo de ferramentas, recursos e capacidades da organización para determinar a viabilidade das liñas de acción posibles;
6) selección dos proxectos e programas segundo a anlálise, coa acotación de lindes asumibles;
7) implantación na organización (execución) dos procesos coa determinación do(s) responsable(s) e a asignación de tarefas;
8) estudo de resultados; e
9) nova análise para a seguinte mellora (feedback).

1 comentario:

Roberto Carballo dijo...

Muy buen trabajo. Ya tenemos una parte de la memoria. Un abrazo, Roberto Carballo (www.robertocarballo.com)