Carmen Cotelo
O artigo confronta dous modelos de organización: o de dependencia, que reduce as potencialidades de progreso e de innovación e o de desenvolvemento, baseado na responsabilidade que non na culpa.
Ben, polo que fai ó modelo de dependencia nel ten unha gran importancia a relación emocional cos xefes cun amplo grao de liberdade persoal, pouca implicación institucional e moita vinculación persoa/persoa en vertical e cara arriba. A consecuencia desto é unha forte inseguridade profesional/directiva, que leva a moverse con prepotencia (o directivo sabe todo, non está para aprender senón para ordenar que se faga o que se supón que sabe), o cal non deixa de ser unha trampa xa que queda preso dunha imaxe pública de excesiva seguridade que na práctica faino depender aínda máis dos superiores.
Resultado desta situación é unha organización na que priman as formas sobre os contidos, que non acaba de saber onde vai e que, polo tanto, móvese compulsivamente con desorientación e escasa eficiencia.
Características deste modelo dependente son a excesiva xerarquización cunha sobrevaloración do papel do xefe, o favorecemento da fragmentación, non darlle importancia ó saber reducindo a necesidade de aprender, opta polo facer en lugar do saber ou do saber facer, fai abrolla-lo sentimento de culpa (non responsabilidade) porque a razón de ser é o tándem resultados/beneficios, desenvolvendo esa prepotencia formal do xefe.
A modo de resume, o modelo dependente é pouco eficiente, pouco rendible tanto dende o punto de vista económico como social e xenerador dunha baixa autoestima individual e grupal, que induce a unha postura prepotente de suficiencia falsa que o único que fai é agacha-la ignorancia (o non saber traballar doutra maneira nin querer aprender).
O modelo de desenvolvemento opón ó anterior a responsabilidade na conducta de quen ten a permanente preocupación por brindar un bo producto/servizo a un cliente que se convirte na razón de ser da empresa. Estamos a falar do cliente externo, pero non hai que descoida-lo cliente interno que é o que forma parte da cadea productiva xa que podería derivar en problemas co externo.
Notas dominantes deste modelo de desenvolvemento son: comunicación interna e intercomunicación (relacións internas e externas) e aprendizaxe permanente, eficiencia económica e social, e rendibilidade. Todos eles levan necesariamente á calidade.
Sentido integrador e de "holding" de pertenza son a consecuencia deste modelo por oposición a fragmentación e a un baixo concepto grupal.
Unha análise permanente da realidade leva a formular preguntas ás que necesariamente hai que dar resposta: ¿onde estamos?, ¿que se pode facer?, ¿por onde empezar?. Pasos obrigados nun modelo de desenvolvemento son a análise para planifica-las accións, autoridade profesional contando coas enerxías dispoñibles, integración da heteroxeneidade, pensamento en espiral e relación calidade/cliente (que vén se-la competencia).
Ó fío desto, dous últimos apuntes sobre conceptos chave nun modelo de progreso: A visión (unha empresa sen horizonte frea a eficacia interna) e o sentido (sen grao de pertenza non pode haber "holding").
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario