O noso grupo considerou necesarias dúas etapas cara á Innovación:
Unha primeira etapa na que se fomentaría a mentalidade de cambio continuo mediante exemplos de éxito recoñecido que podíamos denominar “campos de demostración”.
E unha segunda etapa na que se darían unha serie de pasos como:
Detección de necesidades
Marcaxe de obxectivos facilmente alcanzables.
Definir un proxecto realista baseándose nas persoas como integrantes dun equipo.
Deseñar métodos de avaliación.
Algunhas frases a subliñar da discusión: empregar a imaxinación, dar pasos pequenos, ser prácticos, traballar con realidades e non con utopías, ser prácticos, non innovar por innovar, as necesidades son sempre externas, ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario