martes, 22 de abril de 2008

Innovar: Necesidade obriga máis querer é poder

Carmen Cotelo
Observadora Grupo D

As conclusións ás que chegamos o Grupo D respecto das variables chave para chegar a unha innovación real resumoos, dende o meu punto de vista de observadora, nun "querer é poder". Efectivamente, interpreto que foi sentir común de todos a idea base de que para proceder á innovación dunha empresa é de capital importancia unha necesidade real e contundente, que é a que te empuxa, xa que do contrario os problemas que se vaian presentando iranse mal resolvendo puntualmente nun "ir capeando o temporal".
Unha vez que esa necesidade se dá, entra en xogo ese "querer é poder" ó que fago referencia no título. Porque se realmente non hai vontade certa de buscar un camiño novo, a necesidade pode desembocar nun "parche" máis ou menos ben botado.
Postas estas bases, o camiño da innovación entendemos que debe iniciarse cunha análise da situación que permita realizar unha boa planificación. E dentro do apartado da planificación deben terse en conta aspectos importantes que, dependendo do acerto no seu manexo, poden leva-lo barco da innovación a bo porto ou, pola contra, poden facelo naufragar:
- Oportunidade. A máis forte necesidade seguida da mellor vontade formulada nun momento inoportuno pode conducir ó fracaso.
-Compromiso: Non sempre é igual de intenso por tódolos membros dunha organización.
-Lideradego: Vén ó fío do anterior. É a peza capital capaz de uni-lo grupo ante as distintas intensidades de colaboración. E conecta co seguinte aspecto.
-Resistencia: Xa non estamos ante un grao de compromiso máis ou menos forte senón directamente ante unha postura frontal anti-innovación.

Por último, dúas pinceladas que o grupo considerou importantes ter en conta:
- Un proceso de innovación debe poñerse en práctica para mellorar e non simplemente cambiar por cambiar.
- Un proceso de innovación debe convertirse nunha "perpetuum mobile"; é dicir, a innovación significa non darse nunca por conforme e estar sempre aberto a.

Polo que fai ó método de traballo, o grupo optou por suscribir o esquema tradicional: Un análise da situación que conduce a unha proposta, que á súa vez leva á discusión e que desemboca nunhas conclusións.

Despois de todo o anterior, só quedaría a posta en marcha de todo o proceso de innovación, que debería ir seguido da corresponden avaliación que nos diga se acertamos ou temos que cambia-lo rumbo.

No hay comentarios: