martes, 22 de abril de 2008

Dirección e planificación estratéxica pública

CLASE DO DÍA 18/04/08 (16:00-20:00 h)
Profesor: Albert Galofré.
Resumen: Abel Yáñez Armesto
A sesión da tarde do venres (18/04/08) foi unha continuación da mañá. Empezou coa análise do TRIANGULO ESTRATÉXICO facéndose a pregunta: ¿que é valioso e que é viable facer?. Para dar resposta centrouse nas tres vertentes seguintes:

VALOR SUBSTANTIVO
A estratexia debe ser valiosa en termos substantivos, é dicir, a organización xerará valor para os responsables políticos, os clientes e os beneficiarios, a un custe baixo en termos monetarios e de autoridade. Pode empregarse para o análise e técnicas de avaliación de programas, custe-beneficio. Tamén os análises filosóficos e legais da xustiza social, equidade, ...

SOTIBILIDADE POLÍTICA
A estratexia debe ser lexítima e politicamente sostible e, por elo, capaz de atraer autoridade e diñeiro do entorno político autorizante ó cal debe render fielmente contas. Requírese o análise do debate político que rodea a organización (valores en xogo, intereses dos rupos políticos, demandas dos grupos de interese, ...)

VIABILIDADE OPERATIVA
A estratexia debe ser administrativamente viable, é dicir, que as actividades autorizadas podan realizarse a través da organización existente ou coa axuda de outras que poden ser inducidas á colaborar. Empregarán técnicas de análise de viabilidade e implementación (capacidades de transformación e de cambio ...)

Fixemos un exercicio práctico dunha matriz DAFO, en concreto sobre a formación na Xunta de Galicia. Había que definir a misión da formación e ó final apuntar cales debían ser as liñas estratéxicas cara ó futuro.
A misión define a razón de ser da entidade ou unidade específica: aquelo que é e a que se dedica. Ten que ser breve, pero suficientemente explícita para que se entenda a competencia da unidade.
A visión consiste nunha descrición sobre o tipo de organización que gustaría que fose. Unha visión ten que ser suficientemente estimulante para conseguir que as persoas traballen na súa consecución.
A misión mediante a estratexia levaranos á visión (ó futuro)

O profesor apuntou unha definición da PLANIFICACIÓN PÚBLICA como un modo de asignar e priorizar os recursos, de acordo coas necesidades sociais, interpretadas polo equipo de dirección e goberno de cada institución.
Polo tanto, na planificación sempre haberá:
1. Un punto de partida
2. Un punto ó que remos chegar
Un equipo humano con capacidades e medios para ir de 1 a 2.

Para fixar o punto de chegada propúxose o seguinte cadro.


a) Prioridades ou compromisos políticos
b) Demanda social
c) Avaliación dos productos
d) Capacidades da organización
ESTRATEXIA

Fixéronse aclaracións sobre o que era un obxectivo.
Un obxectivo é unha descrición específica dun resultado final que se quere conseguir, do cal se sinala exactamente o que e o cando ten que acadarse.
As características dun bo obxectivo deben ser as seguintes:
- Consistente coa misión e os obxectivos estratéxicos da organización.
- Relacionado coa finalidade da unidade e o posto
- Establecido participativamente
- Comprensible
- Medible e controlable
- Moderadamente arriscado
- Referido a un marco temporal específico
- Desenvolvido nun plan de actuación
- Apoiado con recursos suficientes.

Unha vez establecidos os obxectivos, divídense en accións, asígnaselles un responsable, un calendario e uns recursos.

¿Como se controla o desenvolvemento dunha estratexia?
A ferramenta que se debe empregar para o seguimento dos avances e o control dos resultados é un cadro de mando.

Puxéronse varios exemplos, un deles é o que segue:
Obxectivo estratéxico: Agrupar todas as pezas de arte gótico e completar as restauracións



Obxectivo operativo
Alerta
Grao de avance
Acondicionar espazos Sala D (03.06)

As obras avanzan segundo o previsto
Completar restauracións (08.07)

Existe certo atraso en 2 pezas
Completar deseño museográfico (06.07)

Por diante das previsións

Medidas que se deben adoptar: Reforzar o equipo de restauradores

Subliñouse a necesidade de que o cadro de mando sexa gráfico, fácil de ver dun so vistazo, tamén apuntou a necesidade de que incluíse as tendencias.

Como a sociedade actual está inmersa nun proceso de cambio continuo faise imprescindible proceder a un continuo exame e posta o día da estratexia.
A flexibilidade debe ser inherente ó concepto de planificación, o cal fai aconsellable proceder á súa revisión anual en condicións normais e a unha revisión excepcional, no caso de que se produza unha modificación substancial nos factores que se tiveron en conta no momento en que se definiu a estratexia.

No hay comentarios: