lunes, 28 de abril de 2008

Clase de Avaliación de políticas e percepción de servizos públicos (Emma).




O venres, 25 de abril o sociólogo Ernesto Carrillo, profesor na Universidade Complutense de Madrid, veu a falarnos da “Avaliación de Políticas e Percepción de Servizos Públicos” (eu engado ao título …......... analizando enquisas de opinión pública).

Como fixo a nosa compañeira Teresa, como observadora da sesión de tarde deste mesmo día, comezo por citar os cinco puntos que me pareceron mais destacables

1. As enquisas son instrumentos de información xeral que permiten realizar
diagnósticos e análises a medida.
2. A percepción esta influída por diferentes variables polo que hai que ter en conta os factores para neutralizalas
3. As enquisas de opinión deberian sustituirse por un sistema de información-observatorio
4. A existencia de series temporais engaden valor a análise das enquisas de opinión pública
5. A opinión pública é "bastante" independente dos medios de comunicación

Hai diferentes ferramentas para promover a participación pública, enquisas sobre a satisfacción dos cidadáns cos servizos públicos, técnicas cualitativas: grupo de discusión , paneis cidadáns: opinión do mesmo grupo de persoas en diferentes momentos de tempo e outros tipos de sóndeos de opinión. A clase centrarase nas enquisas, concretamente no deseño de cuestionarios de utilidade para un administrador público.

O profesor comenza destacando a existencia de tres modelos de enquisas: as enquisas que informan sobre a satisfacción cos servizos públicos, como a que se realiza na cidade de nova York(enfoque xerencial), as enquisas que recollen información sobre percepción local da calidade de vida, citando na Unión Europea o “Urban Audit” como estudios de opinión a cidadáns nas cidades de Europa. Obtense unha visión comparativa das cidades, a posición dunha cidade respecto de outras; polo tanto non ten un enfoque xerencial. E finalmente enquisas como a da cidade de Londres onde os cidadáns teñen un papel mais activo, opinando sobre a súas preferencias de política publica e/ou dun determinado servicio público. A cidadanía prioriza o servicio ou servizos nos que opina que se debe de incidir mais, e plantexase como pregunta aberta ¿en que se porían mellorar?.

Na enquisa que se realiza na cidade de Madrid combínanse os tres modelos, aínda que se fai mais énfase na satisfacción que na participación.

Para que unha enquisa sexa útil :

É preciso que os estudos de opinión anuais se convirtan en sistemas de información (similar a un observatorio) que axuden a decidir en accións de goberno ou noutros ámbitos. Deben ser versátiles.
Deben ofrecer unha visión global do nivel de goberno: se trataría de “meter la CCAA ou a cidade nun cuestionario”
Deben permitir análise temporais. Os datos adquiren valor se son seriados. É importante coñecer se a opinión pública esta cambiando ou non. O seguimento no tempo da evolución dos servizos ou áreas de goberno, supón dificultade de manexo de gran cantidade de información pero é moito máis potente a efectos da análise.
Engadir as enquisas variables de clasificación: intereses, valores, comportamentos dos individuos, ..
Tamaño da mostra: 2.500 entrevistas a domicilio, 2% de error

INCISO: O poñente argumenta que a opinión Pública é “bastante “independente dos medios de comunicación.

DISEÑO DE ENQUISAS DE OPINIÓN


¿ De que informan os estudos de opinión pública aos directivos públicos?: ofrecen unha visión horizontal do goberno e ofrecen estudos por políticas ou servizos

1. Ofrecen unha visión horizontal do goberno

1.1. Analizar problemas públicos
1.1.1. Axenda pública. Preguntase polos tres problemas prioritarios na área de goberno (sociotrópica, é a mais relevante; a cidadanía ten un mapa mental de atribucións de responsabilidades) e os tres problemas que le afectan mais como cidadan (egocéntrica).
1.1.2. Auditoría dos problemas, podemos plantexar a pregunta para obter xuicio actual, retrospectivo ou prospectivo
1.1.3. Caracterizar problemas, saber que aspecto/s do problema lle afecta máis, por exemplo na seguridade cidadán, as drogas, atracos, terrorismo, ....
1.1.4. Preferencias de Políticas públicas, ¿ Que quere que se faga nun determinado problema?.
1.1.5. Os problemas no territorio, ¿A zoa na que vive ten problemas de...?

1.2. Rendemento dos servizos públicos

1.2.1. Valoración das políticas / Satisfacción cos diferentes servizos. Hai que diferenciar políticas e servizos, é peor a percepción das políticas que dos servizos, canto menos concreta a pregunta a opinión é mais desfavorable. Se poden facer comparacións dun mesmo servicio ao longo do tempo pero non se deben facer interservizos.
Os servizos divisibles (é posible tecnicamente excluír ao cidadán do consumo do servicio, ex: sanidade, transporte público) son mellor valorados que os non divisibles (seguridade cidadán, alumbrado público,..), e dentro destes, os tanxibles son mellor valorados que os intanxibles.
A opinión é mais fidedigna cando o servicio é de consumo maioritario (metro), en servizos de consumo minoritario a calidade da opinión diminúe por ser opinións estereotipadas non basadas na experiencia.
1.2.2. Priorización dos servizos, ¿ Cal esta mais necesitado de melloras?
1.2.3. Melloras nos servizos ¿Que faría para mellorar un determinado servicio? (“Markering mix” adaptado ao servizo),
1.2.4. As dotacións no territorio

1.3. Preferencias de gasto. Importante se se pensa en privatizar algún servicio. Se queremos coñecer o impacto do gasto é mais útil a “Intensidade do gasto” () se queremos coñecer en que medida gastamos o que a xente quere é mais útil o “Índice de distancia”()

1.4. Gobernanza “O talante” de zapatero ou “El buen rollito” de Rajoy

1.4.1. Rendemento xeral do goberno. ¿As cousas van ben ou mal agora, están mellor/peor que antes ou como o ve nos próximos catro anos?
1.4.2. Apoio á comunidade política: orgullo de pertenencia. ¿Como valoran o goberno autonómico, central, as institucións, as autoridades,...? . Opinión sobre formulas alternativas de organización do estado en España.
1.4.3. Procedementos ,valoración da xente respecto a como gobernamos. Son mais sofisticadas xa que valoran aspectos personais, credibilidade. Inflúen mais poderosamente cos resultados na opinión sobre o goberno. As opinións sobre procedementos tenden a variar á vez, a moverse en bloque. Son valores horizonte, sempre poden aumentar, sempre queremos mais, sempre nos parecen pouco.

1.5. Información e comunicación cos cidadáns .

1.5.1. grado de información: nunca se informa o suficiente, valor horizonte.
1.5.2. medios de comunicación: ter en conta todos. Ter presente a diferencia entre a alta cobertura dun medio e a intensidade da súa influencia.
1.5.3. información institucional, non alta cobertura pero impacto moi elevado. Máximo impacto=información útil

1.6. Variables de clasificación

1.6.1. Posición ante el consumo colectivo de bens e servizos públicos, influyen factores como o territorio, o ciclo da vida do fogar e o estilo de vida (burofóbicos / burófilos).
1.6.2. Características sociodemográficas. Cada vez explican menos, excepto a inmigración razón pola que as enquisas deben dirixirse a residentes.
1.6.3. Valores e comportamentos, cada vez teñen mais influencia na opinión.
Religioso/Laico: enormemente influinte
Esquerda/Dereita
Materialista/Postmaterialista


2. Estudos por políticas ou servizos

2.1. Axenda pública
2.2. Como se define do problema
2.3. Alternativas de políticas públicas
2.4. Opinión sobre decisións de política pública
2.5. Procedementos de elaboración dunha política
2.6. Beneficiados/prexudicados por unha determinada medida política
2.7. Grado de información e medio de obtención da mesma
2.8. Nivel de apoio da política

ÁNALISE das enquisas

Se enumeran os seguintes aspectos:

Influencia das variables: macro, micro e meso
Frecuencias simples (problemas de comparación entre servizos)
“Escaneado” de Políticas (o mesmo obxecto dende diferentes ángulos)
Análise territorial
Rendimiento xeral
Series temporais
Combinación de datos de opinión e datos obxectivos.

................e as duas pechouse esta sesión.


No hay comentarios: