Isabel Casal
Para millorar o meu estilo de dirección, probablemente eu podería facer moitas máis cousas das que nesta entrada vou enumerar, pero as que eu sinto como máis importantes neste momento no meu caso son as que siguen.
Teño que empezar poñendo en práctica o aprendido no curso sobre o traballo en grupo. Necesito vencer o medo a etapa de conflicto do ciclo grupal para poder pasar as seguintes fases. Teño que superar as barreiras mentais que eu mesma me poño.
En segundo lugar, necesito aumentar a confianza nos demáis. Primeiro porque a millor maneira de conseguir que confíen en ti e dar exemplo e confiar nos que te rodean; pero tamén porque so con confianza no grupo conseguiremos delegar e (esto é moi importante) que os demais asuman responsabilidades. Encantoume a frase do meu grupo: pasar do mundo da culpa ao da responsabilidade.
E xa que falamos de confianza, teño que aumentar a propia confianza en min mesma.
Hai que crer no que se defende, debo ser a primeira convencida. Asumir que os demáis poderan ou non estar dacordo (hai que saber encaixar as críticas e as discrepancias) pero eu debo crer no que diga e no que faga, sabendo ademáis que a miña intención é boa.
Ao mesmo tempo, e sendo consecuente con isto que acabo de sinalar, debo asumir que podo equivocarme (e o máis seguro e que o faga) pero con visión positiva: dos erros aprendo (e de que maneira).
Cando un ten que exercer de xefe, ha de ter claro que non existen as adhesións absolutas e que non lle vas gustar a todo o mundo. Algún profesor nos dixo que non hai que superar o medo, senón aprender a vivir con el. No meu caso é fundamental aprender a vivir co medo ao rexeitamento.
Antes de rematar, gustaríame manifestar que estou francamente satisfeita e moi contenta de ter feito este curso. O nivel do profesorado foi excelente, a organización francamente boa; houbo que traballar duro si, pero a toro casi pasado (quédanos o proxecto) ¡Como aprendimos!
Pero sobre todo ¡Que extraordinarios compañeiros e compañeiras!. O ambiente foi fantástico, con xente do máis dispar, toda ela con ganas de aprender.
GRAZAS. Non sabedes o que aprendin de vós. Sintome afortunada por compartir con vós esta experiencia.
Unha aperta e un bico para cada un de vós.
3 comentarios:
Con ese espíritu, con ese agradecimiento, con esa voluntad, se cambia el mundo. Un fuerte abrazo, Roberto Carballo
Podrás decir lo mismo que de tus compañeros, de las personas que trabajan contigo, si es que finalmente te atreves. No tenemos casi ni idea de lo buena que es la gente cuando tiene una oportunidad de demostrarlo. Un abrazo, Roberto Carballo
Hoxe por fin atrevinme a iniciar a etapa de conflicto. Foi millor do que esperaba, ainda que sei que seguirán días peores (pero tamén moito millores). Estou contenta por ter sido capaz de lanzarme á piscina (coa preparación a fondo da reunión como flotador).
Unha forte aperta
Isabel Casal
Publicar un comentario