lunes, 12 de mayo de 2008

XÉNERO E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS: ASPECTOS INTRODUCTORIOS

XÉNERO E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS: ASPECTOS INTRODUCTORIOS
Sesión de Marta Lois o venres, 9 de maio de 2008
Resume de Ana Mª Benito

Evolución das políticas públicas e conceptos de xénero

1.- Sistema social de xénero.-

Supón a distribución de papeis sociais en función do sexo. Atribúense diferentes roles en función da pertenencia ao xénero masculino ou ao feminino, diferentes espazos (público-masculino, privado-feminino) e diferente visibilidade.
Históricamente as persoas foron asumindo funcións e comportamentos diferentes segundo o se sexo.
O sistema patriarcal é un modelo de organización social androcéntrico (centrado nos varóns).

O sistema social de xénero ten un compoñente económico e outro cultural.

-Compoñente económico-

A economia política estructura o traballo como:
-productivo.- asignado aos homes
-reproductivo, doméstico, de coidado.- asignado ás mulleres.
Tamén o traballo remunerado está dividido en:
-ocupacións mellor remuneradas.- desenvolvidas maioritaria por homes
-ocupacións peor remuneradas.- desenvolvidas maioritariamente por mulleres

-Compoñente cultural-

Inxustiza de recoñecemento.
Privilexio dos rasgos sociais asociados á masculinidade.
Devaluación do considerado feminino.
Esta visión está institucionalizada en prácticas sociais, modelos informais de interacción social, políticas institucionais, etc.

Hoxe existe unha situación de desigualdade que implica diferencias:
-No acceso ao mercado de traballo (tasas de emprego e de desemprego masculino e feminino diferentes co mesmo nivel educativo)
-Na conciliación da vida familiar e laboral (o abandono do posto de traballo por motivo de coidado dun familiar é, nunha inmensa maioría, de mulleres)
-As mulleres que acceden ao mundo laboral están, en maior medida, con contratos temporais, en traballos menos cualificados, percibiendo menor salario (en toda a Unión Europea).

2.- Xénero e Igualdade de Oportunidades.-

O principio de igualdade supón que todas as persoas somos iguais e supón a prohibición de calquera tipo de discriminación.
Garantir o principio de igualdade non chega para acceder a unha situación igualitaria (tanto en termos económicos como culturais).
É necesario introducir dimensións compensadoras para garantir a iguadade de oportunidades.
A igualdade de oportunidades é un elemento dinamizador da construcción política, social e económica das sociedades democráticas. É un principio que beneficia a toda a sociedade. Non son políticas para "compensar" ás mulleres por toda a situación que viviron. Son medidas políticas dirixidas a toda a poboación e que tratan de compensar desigualdades actuais.

3.- Políticas públicas de xénero.-

Son decisións, obxetivos e medidas adoptadas polas Institucións Públicas para fomentar a igualdade entre homes e mulleres e mellorar a situación socioeconómica das mulleres.
Na década dos setenta, as políticas de igualdade entraron na axenda das Nacións Unidas.
en España creouse o "Instituto de la Mujer" en 1983 e elaborouse o "I Plan de Igualdad para 1988-1990".
A nivel autonómico, todas as Comunidades Autónomas puseron en marcha organismos de igualdade de xénero e Plans de Igualdade.
A nivel local, nos anos noventa empezouse a crear estructuras técnicas específicas e Concellerías de Igualdade.

4.- Estratexias de intervención das políticas de xénero.-

As políticas de xénero evolucionaron. Das políticas de igualdade de oportunidades pasouse ás políticas de acción positiva e posteriormente ás políticas de mainstreaming ou políticas transversais.

a) Igualdade de oportunidades.-

O seu obxetivo é a eliminación das barreiras legais, económicas, sociais, culturais e de poder existentes e que producen unha desigualdade nas oportunidades.
O seu obxetivo xeral é o acceso das mulleres ao mundo público.
Ten un compoñente lexislativo importante, pero os cambios lexislativos non implican por sí sos a igualdade de oportunidades. O acceso ao mundo público está lastrado polas responsabilidades domésticas e reproductivas.

b)Acción positiva.-

Busca correxir as desventaxas das mulleres no mundo público. Nas situacións nas que existan igualdade de condicións, elexiríase a unha muller.
Son medidas extraordinarias, de carácter compensatorio, que permiten dar ás mulleres un trato preferente, promoviendo a igualdade a curto e medio prazo.
Valóranse como medidas insuficientes, porque é a estructura familiar e o papel das mulleres nela o que fai que as mulleres non acaden unha posición igualitaria aos homes.

c) Mainstreaming.-

Políticas impulsadas a partir dos anos noventa.
Implica que a prespectiva de xénero se incorpora a todas as políticas, a todos os niveis, a todas as etapas.
Son políticas transversais que analizan o impacto de todas as políticas no xénero.
Necesítase:
-Vontade política
-Coñecemento das relacións de xénero por parte do personal político e administrativo
-Coñecemento da Administración
-Recollida de datos desagregados por sexos
-Participación das mulleres na vida política e pública.

Ourense, 12 de maio de 2008

No hay comentarios: