jueves, 22 de mayo de 2008

Política de xénero: En busca da igualdade efectiva

Observadora: Carmen Cotelo

Resume da aula “Xénero e Administración Pública: Aspectos introductorios” impartida pola profesora Marta Lois.

Para aborda-lo tema, comenzouse definindo o que se entende por xénero (conxunto de operacións culturais e simbólicas, non só sexuais, que cambian un rol de vida) que determina xeitos de ser, estereotipos e que vincula a homes e mulleres en espacios distintos. Por exemplo, a división sexual do traballo ou unha socialización diferenciada.

Actualmente, impera un sistema patriarcal con carácter androcéntrico e xerárquico e a teoría do xénero coloca en perspectivas desiguais a homes e mulleres.

A profesora citou a autora Nancy Fraser, quen sostén que a organización do sistema xénero limita o ámbito económico e sociocultural. Pártese de que o xénero é arbitrario (nácese home ou muller por casualidade), pero a partir dese azar prodúcense diferencias no tipo de traballo, asignando ás mulleres a casa (os máis grandes desequilibrios de xénero danse no ámbito doméstico) e o traballo mellor remunerado para os homes (hai ata unha diferencia do 15 por cento no salario entre homes e mulleres). A solución que formula esta autora é a abolición da división do traballo, a conciliación, a flexibilidade horaria e o reparto de tarefas, entre outras.

Toda esta situación xera inxustizas de recoñecemento que Fraser apunta fundamentalmente en dúas direccións: O sexismo cultural xa que os procesos tenden a devaluar o femenino, e o androcentrismo cunha construcción de normas reafirmadoras do masculino que afectan á dignidade e ás identidades.

¿Solucións que achega Fraser para estas inxustizas do recoñecemento?: A deconstrucción da posición, a igualdade na diferencia e o recoñecemento do sexo agredido.

A diagnose da desigualdade materialízase en varios aspectos. No acceso ó mercado de traballo as mulleres están aproximadamente 20 puntos por abaixo no que respecta á actividade e 25 puntos por baixo en canto ó emprego; na presencia política na Administración hai un abandono crecente por non haber conciliación; polo que se refire ás diferencias salariais, cífrase nun 15 por cento por baixo no conxunto da Unión Europea; e en canto á dedicación ó coidado da casa, os homes adícanse un 62 por cento menos. Dato ilustrativo é tamén que case a metade das mulleres que traballan no sector privado quixeran adicarse ó sector público pola flexibilidade.

As políticas públicas con medidas específicas fóronse aplicando paulatinamente. A súa formulación parte do significado da igualdade. Por unha banda, está a igualdade de trato que entende que todos somos iguais e establece a prohibición de discriminación. Esta foi a primeira política en aplicarse, pero ó cabo dun tempo viuse que non era suficiente.

O segunda aplicación do concepto é a chamada igualdade efectiva, que é a que se refire ás oportunidades. Divídese nunha igualdade formal cunha prohibición normativa de discriminación e unha igualdade real coa interposición de medidas para remover barreiras. Ben claro que non é só para as mulleres. Incluíuse xa no Tratado de Ámsterdam nos anos 90 e está recollida na normativa da UE. Esta é a teoría imperante hoxendía.

Facendo un pouco de historia das políticas públicas relativas ó xénero, pódese poñe-lo punto de partida nos anos 70 coas democracias entendidas como compromiso e igualdade de xénero. Os seus referentes son a 1ª Conferencia de México (1975), 2ª Conferencia de Copenhague (1980), 3ª Conferencia de Nairobi (1985), onde se produciron cambios de enfoque, e a Conferencia de Pekín.

Polo que respecta a España, creouse en 1983 o Instituto de la Mujer, no 1988 viu a luz o I Plano de Igualdade e a finais dos anos 90 pode dicirse que España queda incorporada ó nivel dos países nórdicos. En canto ás comunidades autónomas, os referentes son Andalucía e Euskadi. A nivel local, debe destacarse tamén que en case tódolos municipios se crearon concellerías específicas para a muller.

Por último, para aborda-los tipos de políticas de xéneros hai que acudir á bibliografía de Judit Astelarra, que se refire a tres planos:

1.- Igualdade de oportunidades: Establece que deben eliminarse as barreiras, dotar de recursos educativos para favorece-lo acceso e promulgar leis participativas. Esto estimouse que non era suficiente xa que non se acababan de ve-los cambios sustantivos.

2.- Acción positiva: Aplicouse nos anos 80 e entendeuse como formas de intervención para corrixir as desvantaxes no mundo público. A acción positiva foi que a medio/longo prazo aplicáronse cotas e a discriminación positiva.

3.- Mainstreaming: Son políticas transversais que buscaron un cambio de enfoque estructural nas políticas públicas mirando a vontade políticas e os recursos.

1 comentario:

Roberto Carballo dijo...

El tema es interesantisimo y muy actual pero fué explicado con poco entusiasmo.
Creo que hablo poco de las politicas "transversales".

Marisa Alvarez