METODOLOXIA E ANTECEDENTES DO GRUPO DE TRABALLO
ROBERTO CARBALLO
Calquera grupo é un grupo de suposto emocional (no que predominan as emocións sobre o afán de coñecer.
A actividade do grupo vese obstruida por outras actividades mentais en forma de poderosas tensións emocionais.
Participar nunha actividade de suposto básico non require entrenamento, experiencia nin madurez mental. É instantáneo, inevitable e institntivo.
Este grupo natural pode transformarse nun grupo sofisticado de traballo, si se aplica unha metodoloxía axeitada, que lle permita o grupo facer conscientes os supostos emocionais que predominan nel, transcendendo destes supostos emocionais.
Nun grupo natural (seguindo a Bión):
Estudamos as condicións de entrenamento para a transición dende este tipo de grupo o chamado grupo sofisticado de traballo.
Abordamos os caracteres e requisitos de funcionamento dun grupo de traballo.
SUPOSTOS BASICOS SEGÚN BION
GRUPO ATAQUE-FUGA: no que predomina a actividade esquizoide-paranoide, a fragmentación e a proyección. A agresividade real ou latente e necesaria. O líder terá que ser capaz de facer que o grupo aproveite a oportunidade para escapar ou agredir, senón será ignorado ou sustituido. Existencia de enemigos interiores y exteriores. A desconfianza interna permanente tendese a superar coa institucionalización da xerarquía. O grupo reúnese a fin de obter o sostén dun líder de quen depende para nutrirse material e espiritualmente e obter protección. Exemplo o exercito.
GRUPO DE DEPENDENCIA: dun líder que arrastra o grupo e dificulta a realización da tarea. Problema, como en todos os grupos, da necesidade permanente de recambiar o líder, que sole ser consumido polo grupo, en benficio da idea/dogma, que se entende como inmutable. Resistencia o cambio. O coñecemento, como no grupo anterior, non xoga oun papel significativo. A historia solo existe como xustificación do dogma, non a ten como experiencia que se sustenta na acumulación de coñecementos. Exemplo a Iglesia.
GRUPO DE EMPARELLAMENTO: Suposto menos estructural, pero que reaparece sistemáticamente nos grupos humanos. Consiste no emparellamento de dous elementos do grupo, que aislándose do mesmo por pasividad do resto, proxéctanse nun futuro idílico, de parella, que promete unha utopía. O liderazgo está nesa utopía.
SUPERACION DESTE SUPOSTOS EMOCIONAIS
A superación destes supostos emocionais e a entrada nunha fase de transición dende o “grupo natural” cara un grupo sofisticado de traballo (grupo de coñecemento), require un entrenamento.
Son excepción os grupos que funcionan no “aquí e ahora”, respetando a e, experiencia e planificando o futuro e o sentido do presente, que traballan in integrando a positividade, con conciencia de límites e con contrastación inter-subxectiva, que con capaces de centrarse na tarea, etc.
O entrenamento, a formación, obteñense da práctica grupal e require, unas condicións metodolóxicas mínimas, así como aplicar unhas técnicas específicas.
As condicións primeiras son:
O Coñemento mútuo: dos membros do grupo, coñecemento que se obtén a través da exposición do que se fai ou da practica do ensino. Trátase de reducir o mínimo as relacións máxicas entre os membros, e de fomentar a transparencia da información intercambiada, en definitiva, de crear condicións, obxectivos para o coñecemento do obxecto.
Encher o grupo de información: predominantemente oral, pero combinada coa escrita. Pode ser teórica sobre o obxecto da tarea ou da formación ou sobre a propia tarea realizada polo grupo.
Estas duas condicións ou imputs facilitan a comunicación grupal/horizontal e a flexibilidade operativa do grupo.
O entrenamento debe permitir a formación a todos e cada un dos integrantes como monitor-director do grupo, como observador do mesmo e ten que efectuarse aplicando a metodoloxía científica de “proba-erro” (aproximacións sucesivas) e da crítica intersubxectiva. Todo elo ten que significar un permanente e planificado cambio de roles no proceso do coñecemento de traballo.
Por utra banda e básica a formación dos .membros en actitudes de traballo propias da tarefa grupal (sistema de valores explícito): respeto mútuo, positividade, conciencia de límites, sentido intersubxectivo de sentirse igual, pero necesitar a diversidade dos demáis.
CONSLUSIÓNS PROVISIONAIS
O aprendizaxe para o grupo de traballo constitue unha nova dimensión do progreso humano, que nos permite potenciar a cooperación e a participación constciente e nos pon en conexión activa e positiva cos tempos que corren. Xa é hora de iniciar a superación do desenvolvemento circular dos grupos humanos na historia.
ESQUEMA:
GRUPO NATURAL
TRANSICION
GRUPO SOFISTICADO
GRUPO NATURAL
ATAQUE-FUGA
GRUPO DE DEPENDENCIA
GRUPO DE EMPARELLAMENTO
GRUPO SIN MEMORIA/ SIN HISTORIA/ SIN EXPERIENCIA
GRUPO SIN PRESENTE. VIVESE O DIA A DIA
GRUPO IDEOLOXICO/ UTOPICO / DOGMATICO
GRUPO CON PREDOMINIO DA AGRESIVIDADE
DO LIDERAZGO FOSILIZADO E NOVAMENTE DESTRONADO
GRUPO DE TRANSICIÓN
COÑECEMENTO MUTUO
INFORMACION SOBRE OBXECETIVOS E TAREA
FACILITAN
COMUNICACIÓN GRUPAL/HORIZONTAL
ENTRENAMENTO/ FLEXIBILIDADE
GRUPO DE TRABALLO
SISTEMAS DE VALORES EXPLICITOS
RESPETO MÚTUO/IGUALDADE
POSITIVIDADE
CONCIENCIA DE LIMITES
COMUNIDAD CIENTIFICA/CONTRATACION
O GRUPO NON É MONOPOLIO DE NADIE
CONTINUIDADE
AQUÍ E AHORA. A HISTORIA/ MEMORIA COMO ESPERIENCIA
O FUTURO PLANIFICASE. O PRESENTE EXPLICASE E VIVESE
TENDO EN CONTA A MEMORIA HISTORICA E PROXECTANDO
OBXECTIVOS CARA O FUTURO
ROLES DIFERENCIADOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario