MERCADOTECNIA. – MARKETING PÚBLICO.
Ó marketing público usa técnicas usadas por outros para fins diferentes e para dar resposta a situacións atopadas.
Existe unha visión pexorativa do marketing, xa que se usou para fins inadecuados.
Tipos de marketing no sector público.
Político (institucional). É un uso para posicionarse como marca, o mellor exemplo deste tipo é a publicidade institucional.
Electoral. No que se busca gañar votos.
Cambio social. A través do cal se promoven valores positivos.
Para o goberno e a administración. Establece unha relación de intercambio entre a administración e o cidadán ou dito doutra maneira entre o prestador de servizos e o receptor dos mesmos.
O marketing mellora a imaxe da organización dende o punto de vista da lexitimidade.
Nos anos noventa estudiaba os intercambios entre o estado do benestar e os cidadáns. É unha forma de que as organizacións públicas se sometan a avaliación dos cidadáns, e tamén unha forma de estas transmitan o que fan.
Nunha administración con moito rigor técnico, posiblemente o cidadán non entenda o que lle quere transmitir e posiblemente non incorpore a visión que ten o cidadán do problema de que se trate. Por isto temos que deseñar políticas publicas que respondan as verdadeiras necesidades dos cidadáns.
A paradoxa dun goberno que xestione ben é que posiblemente por esa boa xestión non gañe votos, pero o que si está demostrado e que unha mala xestión produce unha severa perda dos mesmos.
Para esto se necesita o marketing público para xestionar a comunicación dos intercambios entre a organización e os cidadáns.
Hai que xerar impactos de opinión, xa que en entornos democráticos (nos que hai límites para o exercizo do poder) e necesario implementar mecanismos de participación, o dereito de participación estase a configurar como un dereito dos cidadáns que é unha mostra do recoñecemento do pluralismo.
O gran goberno.
Estado social implica que a responsabilidade sobre o benestar é dos poderes públicos.
O Concepto do gran goberno é que este alenta, promove pero non executa servizos públicos.
Esto trae consecuencia de que nos anos oitenta rómpese o binomio provisión à producción.
E pola multiplicidade de ámbitos é necesario establecer unha colaboración entre administracións.
O gran goberno xera procesos de política pública complexos e xera asemade problemas de lexitimidade aos cidadáns que desconfían da acción do goberno (exemplo do ensino concertado que se vai ben, quen o fai ben é o colexio pero se vai mal son os poderes públicos).
Prodúcense cambios das condicións sociais – cambios ambientais, esta necesidade de cambio hai que enfocala dende as administracións públicas. Estes cambios están producidos por:
- Interconexión dos problemas e das solucións dos mesmos.
- Globalización. E incremento da tecnoloxía.
- Orientar a xestión como relación de intercambio. Cada vez as sociedades son máis complexas e diversas, téndese a multiculturalidade. Máis autocoñecemento das persoas e demandas máis diferenciadas. Hai que ter en conta que a estandarización e a base da insatisfacción.
- Na velocidade que se moven as cousas actualmente estamos nun mundo cambiante e hai unha falla dun entorno estable, o que provoca incertidume.
Impacto na acción pública.
As administracións non saben identificar problemas dos cidadáns. O marketing revela preferencias e identifica a axenda dos distintos asuntos.
As administracións xestionan os seus propios intereses. Non os dos cidadáns.
Función da administración.
Relexitimar o público, facer o seu traballo ben tanto na forma como no fondo.
Xerar boa imaxe institucional non só xerar rendementos.
Imaxe institucional de honradez e transparencia.
Hai que buscar a xestión participativa non confundila coa xestión dos interesados (só dos interesados (lobbies).
O marketing público actúa sobre as expectativas dos cidadáns e sobre a comunicación cos cidadáns.
Hai que buscar o paso de considerar máis cidadán que cliente o que implica cambiar tamén contribuínte a elector.
jueves, 22 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Creo que la Xunta de Galicia debe "hacer" más marketing publico.
Escuche,"quejas" de personas que reciben la ayuda para el alquiler de viviendas.
Estan "muy enfadadas" porque en el borrador del IRPF-2007, aparece la ayuda como ingreso a declarar y no se lo habian dicho cuando la solicitaron.
El Marketing Publico,es algo más que Marketing(venta) debe dar: Información "VERAZ y COMPLETA" sobre la Adm.
Marisa Alvarez
Publicar un comentario