viernes, 23 de mayo de 2008

Innovación: so apta para directivos e directivas sen medo

Estaba eu pensando en que tiña que facer o resumo para o blog sobre a clase do pasado xoves e en como plasmar a enerxía, o entusiasmo e a paixon de Enrique de la Rica, cando lin o post de Javier sobre o mesmo tema. E me dixen: pero que vas ti a engadir? Javier conseguiu transmitir ese entusiasmo, porque a el tamén (corríxeme Javier se me equivoco) lle apaixona o tema da innovación. Así que imos tratar de aportar modestamente algunha reflexión persoal.

Lembremos algunhas ideas desgranadas por Enrique de la Rica:

A innovación é o acordo afortunado entre os problemas e o talento (capacidade individual do ser humano). Sen problemas non hai innovación (outro profesor deste curso, R. Carballo, decía que non hai innovación sen escasez).A verdade é que tendemos a ser conformistas, somos reticentes aos cambios e quizais na administración pública esta tendencia acentúase.

Pero ¿que é o talento? A suma de coñecemento e creatividade e hoxe en día con Internet o coñecemento alcanza a súa máxima difusión. Un exemplo: os blogs como xeradores de coñecemento. (Eu tamén vou facer un pouco de publicidade do noso blog sobre xestión do coñecemento, Casiopea, navegando pola xestión do coñecemento)

Todos nós traballamos en distintas organización e todas as organizacións teñen un obxectivo: perdurar. ¿Cómo se consigue eso? Alcanzando cada vez millores resultados, e para acadalos hai que xerar valor no que producimos.As IDEAS son a fonte principal de xeración de valor.

Innovar é convertir as ideas das persoas en valor para o cliente, ou, se o preferimos no noso ámbito, para o cidadán.

Quizais o que me parece máis difícil de conseguir é que as persoas dunha organización teñan ideas, xeren ideas. Estando dacordo co que Enrique de la Rica decía, non podía deixar de pensar no meu entorno laboral e facer Uffff!!!!! Que dificil cambiar as dinámicas!

O que si está claro é que hai que arriscar. Se alguén non da o primeiro paso é dificil que as cousas cambien e eu tamén estou un pouco farta de oir tanta queixa e ver tan pouca acción. O que queira peixes ten que mollarse.

Estamos nun curso de directivos, así que traballemos para cambiar ese estilo de dirección que mata as ideas. E loitemos contra a rutina e o aburrimento, fomentemos espacios informais que axuden na xeración de ideas, tomemos decisión e equivoquémonos, pero sin dramas: sexamos capaces de extraer coñecemento do fracaso.

Ademáis da enerxía de Enrique de la Rica gustoume a súa visión de futuro. El predica que hai que orientar a organización ao futuro e está claro que el vai moi por diante. Eu son mais modesta e simplemente aspiro a ser capaz de distinguir as oportunidades que se lle presentan a miña organización e sacar proveito delas, e sobre todo a vencer o medo a equivocarme.

Isabel Casal

2 comentarios:

Roberto Carballo dijo...

Ola, compañeira de proxecto, estou moi de acordo coas túas reflexións. Eu creo que agora estamos no cambio de mentalidade para fomentar as ideas, certo. Pero en canto esteamos definitivamente no camiño da innovación haberá que ter coidado; con que? Coa idoneidade das ideas. Porque podemos fomentar a existencia de ideas e acabar por perder a perspectiva do cliente. A Administración Pública pode perderse na indefinición das necesidades e producir ideas inútiles para os cidadáns; é un risco que vemos frecuentemente. Construir, si, mais con sentidiño.
Vémonos na senda innovadora,é dicir, mañá á tarde.
Pablo

Unknown dijo...

Mabela, eu tamén quedei entusiasmado coa clase de Enrique de la Rica. Sorprendente a enerxía e fortaleza argumental que foi quen de imprimeirlle a clase sobre o cambio a través do proceso innovador. Acadou imbuirme dentro do seu mundo. Por un momento esqueces en que administración estás, logo analizas e xa tocando terra, decatastate de canto hai que facer para millorar.
Pero ainda así, asáltame unha dúbida: ¿sería posible esta clase si cambiamos de escenario e nos trasladamos a Sudán ou Sao Tomé p.e.?
Ollo que estamos facendo moi pouco contra das desigualdades entre países Norte - Sur.
Psieira