Estaba eu pensando en que tiña que facer o resumo para o blog sobre a clase do pasado xoves e en como plasmar a enerxía, o entusiasmo e a paixon de Enrique de
Lembremos algunhas ideas desgranadas por Enrique de
A innovación é o acordo afortunado entre os problemas e o talento (capacidade individual do ser humano). Sen problemas non hai innovación (outro profesor deste curso, R. Carballo, decía que non hai innovación sen escasez).A verdade é que tendemos a ser conformistas, somos reticentes aos cambios e quizais na administración pública esta tendencia acentúase.
Pero ¿que é o talento? A suma de coñecemento e creatividade e hoxe en día con Internet o coñecemento alcanza a súa máxima difusión. Un exemplo: os blogs como xeradores de coñecemento. (Eu tamén vou facer un pouco de publicidade do noso blog sobre xestión do coñecemento, Casiopea, navegando pola xestión do coñecemento)
Todos nós traballamos en distintas organización e todas as organizacións teñen un obxectivo: perdurar. ¿Cómo se consigue eso? Alcanzando cada vez millores resultados, e para acadalos hai que xerar valor no que producimos.As IDEAS son a fonte principal de xeración de valor.
Innovar é convertir as ideas das persoas en valor para o cliente, ou, se o preferimos no noso ámbito, para o cidadán.
Quizais o que me parece máis difícil de conseguir é que as persoas dunha organización teñan ideas, xeren ideas. Estando dacordo co que Enrique de
O que si está claro é que hai que arriscar. Se alguén non da o primeiro paso é dificil que as cousas cambien e eu tamén estou un pouco farta de oir tanta queixa e ver tan pouca acción. O que queira peixes ten que mollarse.
Estamos nun curso de directivos, así que traballemos para cambiar ese estilo de dirección que mata as ideas. E loitemos contra a rutina e o aburrimento, fomentemos espacios informais que axuden na xeración de ideas, tomemos decisión e equivoquémonos, pero sin dramas: sexamos capaces de extraer coñecemento do fracaso.
Ademáis da enerxía de Enrique de
2 comentarios:
Ola, compañeira de proxecto, estou moi de acordo coas túas reflexións. Eu creo que agora estamos no cambio de mentalidade para fomentar as ideas, certo. Pero en canto esteamos definitivamente no camiño da innovación haberá que ter coidado; con que? Coa idoneidade das ideas. Porque podemos fomentar a existencia de ideas e acabar por perder a perspectiva do cliente. A Administración Pública pode perderse na indefinición das necesidades e producir ideas inútiles para os cidadáns; é un risco que vemos frecuentemente. Construir, si, mais con sentidiño.
Vémonos na senda innovadora,é dicir, mañá á tarde.
Pablo
Mabela, eu tamén quedei entusiasmado coa clase de Enrique de la Rica. Sorprendente a enerxía e fortaleza argumental que foi quen de imprimeirlle a clase sobre o cambio a través do proceso innovador. Acadou imbuirme dentro do seu mundo. Por un momento esqueces en que administración estás, logo analizas e xa tocando terra, decatastate de canto hai que facer para millorar.
Pero ainda así, asáltame unha dúbida: ¿sería posible esta clase si cambiamos de escenario e nos trasladamos a Sudán ou Sao Tomé p.e.?
Ollo que estamos facendo moi pouco contra das desigualdades entre países Norte - Sur.
Psieira
Publicar un comentario