- Conclusións do grupo de traballo, día 25 de Abril de 2008
Barreiras ao traballo en grupo:
Valorar a opinión dos demais e respectar ás persoas.
Aprender a escoitar.
Falta de comunicación.
Se precisa que alguén organice.
Falta de tempo para a reflexión e, incluso, tempo para planificar a propia xuntanza de traballo.
Non hai hábito de traballo en grupo dentro dos ámbitos administrativos.
Un elemento que se fixo relevante na xuntanza e a distinción entre traballo en grupo e xuntanza de traballo. Neste xeito compre salientar o valor da comunicación entre os constituíntes do grupo de xeito ocasional.
Outro aspecto destacado consiste na baixa eficacia das xuntanzas de traballo no caso de no realizar unha boa coordinación.
Saídas ás barreiras ao traballo en grupo:
Planificación e organización das xuntanzas.
Forma de comunicación: A comunicación non debe quedar restrinxida ás reunións de traballo. No traballo diario a comunicación tamén debe ser fluída.
Derivado do anterior, é interesante a utilización de outros métodos de comunicación como o correo electrónico.
Ter un obxectivo común no grupo
A planificación debe comprender todo o traballo en grupo.
Debe destacar a importancia do observador para que se deixe constancia do exposto nas xuntanzas de traballo, e do coordinador que se faga encargo de orientar a comunicación para que sexa fluída e coherente.
Todas as opinións deben ser valoradas: non debe prevalecer a xerarquía.
Importancia da espontaneidade na exposición de ideas, evitándose formalismos innecesarios.
Orlando Vázquez
Grupo C
martes, 13 de mayo de 2008
Barreiras e Saídas do Traballo en Grupo nas organización laborais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario