Na primeira clase, Joanquín Tres fai unha achega clara á xestión do coñecemento a través dunha introducción dentro dun:
-marco conceptual, así o capital humano explica, que contribúe ó crecimento económico.
-quen realiza a xestión do coñecemento.
-desenrolo do marco de xestión, para chegar a
-aplicación dunha verdadeira estratexia de xestión do coñecemento.
Como recurso, o coñecemento convírtese na forza económica dominante. Motor alimentado pola ciencia e a tecnoloxía.
Crea interdependencia, xa que sin coñecemento padeceriamos un gran déficit en canto a:
-Prosperidade económica, -fontes de enerxía, -non teriamos capacidade industrial, -saúde persoal.. Atendendo ó que antecede, manifestar que o destino económico dun país xa non está ligado somentes a abundancia de recursos naturais. Mesmo a explotación racional destes recursos dependerá en gran medida do factor coñecento e o modelo de xestión do mesmo.
Tampouco pensemos que é a panacea. Os beneficios dependerán do uso que se lle dé.
En realción ós indicadores das sociedades do coñecemento explica como a U.E. a través da "Estratexia de Lisboa" marca o obxectivo de igualar no avance do coñecemento a EE.UU incidindo principalmente nos ámbitos da:
-Educación.
-Investigación e
-Innovación
PIRÁMIDE do COÑECEMENTO:
O profesor sitúa na base desta a materia prima a partir da que acabaremos chegando a expresión máis elevada da "comprensión":
A materia prima son DATOS (que, quen, donde, cando), que unha vez procesados son INFORMACIÓN. si no seguinte nivel nos preguntamos o COMO, estaremos transformando esa información en COÑECEMENTO.
Ao avanzar nese coñecemento hacia a cúspide da pirámide si nos preguntamos o PORQUE, chegamos a COMPRENSIÓN, que é o concepto clave para a aplicación nos diferentes entornos. É decir que vamos adaptando o coñecemento as ferramentas que temos.
Neste punto o profesor manifesta sentir pánico pola facilidade de intrusión de xente allea na túa casa a través de internet. A raíz deste temor explica a existencia de canles para alterar información, chegando a facer dano a través da rede, por non decir das desigualdades que xera, en clara alusión a brecha dixital.
Na mesma liña argumental, manifesta que debido ó gran potencial de internet existe unha tendencia certa a dar por verdadeira toda a información que aparece.
CLASIFICACIÓN DO COÑECEMENTO:
Como punto de partida e a modo de conceptos útiles clasifica o coñecemento en 4 tipos interrelacionados entre si:
1) Coñecemento común, como un algo que todos sabemos.
2) Coñecemento explícito, algo codificable, escrito p.e.
3) Coñecemento tácito, estámolo imaxinando, está na mente.
4) Coñecemento por descubrir.
En canto ao coñecemento organizacional, trátase dun conxunto de activos intelectuales dentro dunha organización, asociado a:
Experiencias do pasado, mellores prácticas e definición de reglas para a toma de decisións.
Polo que respecta ós sistemas de xestión do coñecemento organizacional, quedan enmarcados no que sería a xestión esplícita e sistemática do capital intelectual, do coñecemento organizacional, asi como procesos asociados a:
-identificar,
-crear,
-recopilar,
-sistematizar, organizar ben,
-utilización (difundir ou diseminar) para mellora das organizacións e as persoas dentro delas.
Quen teña a responsabilidade de facer xestión do coñecemento deberá exportalo dende quen o ten, aló donde mais necesario sexa. Para eso o conecemento "local" é indispensable.
Son COMPOÑENTES DO SISTEMA DO COÑECEMENTO:
-Repositorios ou almacéns de información. Esenciales.
-Comunidades de práctica / aprendizaxe.
-Acceso a expertos.
-Apoio ó cambio organizacional, que se acada cando o coñecemento flúe libremente.
A) REPOSITORIO DE INFORMACIÓN: é un recurso de información, creado a partires da codificación do coñecemento colectivo de unha organización que está disponible en liña.
Os tipos de información que teñen cabida nos repositorios serán: cursos de formación, coñecemento sobre productos, respostas as preguntas mais frecuentes, boas prácticas, proxectos e informes de seguemento de proxectos.
En canto ás características relacionadas co repositorio/almacén, destacar:
1.- Estar ben organizado.
2.- Fácil manexo polo usuario.
3.- Condición de "amabilidade" para a búsqueda.
4.- Completo.
5.- Con contido suficiente.
6.- Información precisa e actualizada.
7.- Que o diseño permita a contribución de varios autores.
COMUNIDADES DE PRÁCTICA / APRENDIZAXE: Trátase de grupos de persoas que comparten inquedanzas, problemas e ademais grandes doses de paixón por un tema. Profundizando os seus coñecementos e experiencias nunha área determinada, pero e sobre todo, interactuando periodicamente.
Deste xeito, os grupos comparten o que coñecen e aprenden entre os membros as súas respectivas áreas de experiencia.
Destas comunidades de aprendizaxe debemos destacar que se caracterizan por ser:
Auto organizadas.
Patrocinadas pola propia organización.
Non son "redes" nin "equipos de traballo".
Deben explorar tanto no coñecemento existente como nos últimos avances do tema de que se trate.
Lugares neutros, alonxados da presión da actividade diaria.
Non existe a xerarquía. Moi importante.
Pero o factor mais importante dunha comunidade e a VITALIDADE e PARTICIPACIÓN dos membros, do contrario "morre".
Asi, o escenario que se crea resulta ser un espazo aberto a:
-Axuda mutua.
-Xerador de coñecemento a través da interacción.
-xestionar coñecemento.
-Desarrolla boas prácticas.
-Permite innovar e influir no entorno sobre a cultura da innovación.
Psieira.
lunes, 26 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Joaquin Tres nos dijo que su clase, era la antitesis
del viejo dicho:"En comunidad no mostrar habilidad".
¿Sera posible que algún dia el refrán no se aplique a la Administración?
Marisa Alvarez
Publicar un comentario