Ninguén discute a importancia da tecnoloxía para innovación. O propio profesor Carballo o indica no primeiro dos dous artigos :
“El proyecto también habrá de preocuparse de la tecnología, que aquí no hemos abordado, dado que existen tantos estudios bien hechos sobre la gestión tecnológica. Sólo quiero resaltar algo extraordinariamente importante y por desgracia más de una vez olvidado: la llamada “vigilancia tecnológica”, que en realidad, en mi opinión, ha de ser un espacio complementario del sistema de observación y análisis de la realidad de una empresa, cluster o grupo organizativo.”
Poderíamos pois dicir que existe unha tecnoloxía punta (e ben barata), pouco aplicada por desgraza nas nosas organizacións, e que é facilmente extraible da lectura dos artigos:
pensar e escribir, para logo falar e compartir con outros
Ou sexa, que esta “tecnoloxía” está ao alcance de calquera: papel e boligrafo, sen máis.
Dende o modelo de Carballo invítasenos a tomar apuntes das nosas experiencias, a reflexionar (¿cantas veces o facemos?) por escrito sobre as mesmas, a observar que pasa e que non pasa, para a continuación falar e compartir cos demais (co grupo).
Vale, vale, pero en serio, e ¿a tecnoloxía?
Volvamos a Carballo:
Démosles aquello que necesitan y no saben como conseguir. Facilitémosles las cosas a los otros: utilicemos el modus operandi internet: “Dar es rentable”.
En efecto, temos un bon método para profundizar e sacar partido da experiencia, e podemos ver como no que se coñece como web 2.0 hai moito disto do que estamos a falar: hai moita experimentación, pero sobre todo hai un desexo de compartir, de dar, hai unha vontade de participar.
Estamos na era da web social (non me digades que non é bonito o nome). ¿De que estamos pois a falar? De construir entre todos. Uns cantos exemplos: software libre fronte aos monopolios de grandes empresas do sector (non fai falla dar nomes), folksonomias, blogs, wikis...
E fronte a isto, ¿que fan as grandes empresas? Ser reactivos, non proactivos. Reaccionan copiando as tecnoloxías da web social sen máis. ¿Daralles resultado?
Avanzo un exemplo vivido hai dúas semanas no meu traballo (a biblioteca da USC). Un dos nosos provedores máis importantes amósanos a nova interfaz da súa base de datos. O lanzamento será en setembro deste ano (a anterior interfaz é do ano 2002). A excusa do cambio é adaptar ó seu producto as posibilidades da web 2.0. Na realidade as adaptación son bastante cosméticas e non solventan algúns dos defectos da anterior interfaz (ríxida e pouco intuitiva).
E eu me pregunto: ¿Esperaron tantos anos para adoptar aquilo que os usuarios demandan? Bueno, demandaban (porque a estas alturas da película, vaia vostede a saber que demonios queren).
¿Posibilidades de éxito?. Admitense apostas. ¿Eso é coñecer as necesidades do cliente? Non, é copiar sin máis o que fixeron outros (por certo, de xeito gratuito para a comunidade internauta, anticipando ou entendendo que querían os demais) pensando que xa chega.
¿Incorporan algo que anticipe as necesidades do cliente ou que as xenere, opción igualmente válida? A resposta segue a se-la mesma, non.
Cito de novo a Carballo:
El Cliente es imprescindible para innovar: es un resorte central para “producir escasez” de forma continua. Quien oferta ha de buscar nuevas áreas de mejora y de innovación para poder atender a los clientes y para poder “adelantarse” a la manifestación de sus necesidades
E esto ten que ver co respeto polo cliente. ¿Respeta a empresa do exemplo que vos traio aquí ós seus clientes?
Quizais son algo radical e tamén supoño que inflúe que traballo nun servizo (así está definida no seu regulamento a miña biblioteca) polo que a orientación ó usuario é fundamental. E entendo que é lóxico que lle pidamos o mesmo ós nosos provedores. E para ser totalmente sinceira inflúe que son unha acérrima defensora deso que se da en chamar web 2.0 e que no terreo bibliotecario entusiásticamente adoptamos como propio. Nós falamos de Biblioteca 2.0 e o elemento central é A PARTICIPACIÓN.
Aínda que tímidamente xa temos exemplos de bibliotecas 2.0 en España e dende logo, cada vez máis, contamos con bibliotecarios 2.0, que non son aquilos que coñecen ó dedillo ó ultimo do último do último de internet, son persoas que saben traballar para e con os demáis e coñecen o significado da palabra compartir. Dende logo, para ese bibliotecarios dar é moi rendible.
Un par de enlaces para quen teña curiosidade:
1 comentario:
Un buen ensayo, sin duda, que sabe acompañar, reflexionando, el texto analizado. Buen ejemplo para perseverar en la intención de innovar. Sinceramente, me fío poco de las tecnologías oficiales, de los grandes monopolios, casi nunca ofrecen ventajas, sino ventajas para ellos. Eso es evidente cuando soportamos al gran monopolio Microsoft, y sus ediciones sucesivas y empeoradas de su windows. Es lamentable, lamentable que sigan haciendo lo que quieren con nosotros. Claro que la responsabilidad es nuestra porque no nos atrevemos a tirar windows a la basura y encomendarnos a linux y ubuntu. Yo ya lo he hecho en mi segundo ordenador, y estoy muy contento, aunque como todo, requiere una readaptación, porque los programas aunque similares y la mayoría de las veces, mejorados, sin embargo, contienen amigabilidades que no son comunes en la poca amigabilidad de windows, office, etc. etc. Gracias por tu ensayo. Un abrazo, Roberto
Publicar un comentario