miércoles, 30 de abril de 2008

Barreiras traballando en grupo (e saídas que debemos buscar para solventar os atrancos)

Observadora Grupo B (Isabel Casal)

Estas foron as principais barreiras detectadas polo grupo B, extraídas das propias experiencias nos diferentes traballos dos seus componentes:

- Resistencia ao cambio. Sen dúbida, unha das constantes cando se traballa (mal) en grupo

- Ausencia de iniciativa. A xente prefire seguir a rutina do mando, porque ademáis así sempre será máis fácil botarlle a culpa ao xefe

- Problemas na comunicación. As veces o que hai é ausencia total de comunicación

- En relación co punto anterior, e cumprindo coa máxima de que a información é poder, tendencia a non compartir a información.

- Existencia de parcelas (inamovibles) de poder no traballo. A perda ou supresión deses compartimentos estancos xera mal ambiente (o que de novo dificulta o traballo en grupo)

- Elevado absentismo laboral

- Excesiva permanencia no mesmo posto de traballo. Esto xera vicios difíciles de eliminar.

Como posibles saídas, propuxéronse as seguintes:

<>Realizar un “análise de conciencia”. A culpa non está somentes nos demáis

<>Aumentar e favorecer a delegación e asunción de responsabilidades

<>Favorecer a motivación, non baseada únicamente en estímulos económicos

<>Aumentar a comunicación

<>Dar exemplo aos colaboradores para lles poder esixir o mesmo

<>Transmitir coñecementos para favorecer a autonomía

<>Dar os pasos necesarios para establecer un sistema de avaliación baseado nas competencias do persoal

<>Admitir as diferencias de pensamento e fomentar a flexibilidade na admisión de propostas

6 comentarios:

outumuro dijo...

Noraboa pola túa claridade e capacidade de síntese. Estou contento de pertencer ó teu grupo.

Isabel Casal dijo...

Oxalá Manolo poidamos algún día traballar nos nosos postos de traballo reais igual de ben que o facemos no noso grupo neste curso.E probablemente traballamos ben porque nos sentimos todos a gusto e con libertade absoluta para expresar as nosas ideas, que non sempre coinciden, algo que as veces nos entornos laborais non sucede.
Grazas polo teu comentario.

Javier Franco dijo...

Traballar en grupo é básicamente un problema de convivencia: educación, compartición de tarefas e obxectivos comúns. Andamos un poucos escasos delas nas administracións Públicas.

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

Foi curioso e a vez interesante comprobar como aparte dos compoñentes do grupo, os demáis grupos coinciden tamén co noso na detección de barreiras que dalgún xeito ralentizan ou mesmo impiden a mellora constante na administración a través do proceso innovador.
Mabela, o que expresas é sen lugar a dúbidas o escaparate perfecto do que o noso grupo manifesta.
Si temos detectadas as barreiras e fomos quen de aportar posibles saídas, é cuestión de o que en terminoloxía marítima se chama "darlle avante e porlle a proa".
Psieira.